luns, 18 de febreiro de 2008

Que viene, que viene...uh,uh

Dende a páxina do colectivo Fusquenlla nos avisan da inminente chegada do PXOM de Pontedeume, preparade os bolis pra as alegacións, segundo a lei do solo despois da aprobación inicial do plan ten que haber un período de exposición pública no que os veciños temos dereito a facer alegacións, xa non suxestións, hai que estar atento pra sabermos onde vai estar exposto o plan (supoño que no colexio), eu xa vou estar pendente e anunciarei aquí a nova cos detalles.



Consultade ben os planos e preguntade, preguntade por calquera dúbida que teñades, preguntade polas ordenanzas que rixen a clasificación do solo na que se atopan as vosas fincas e alegade se atopades algun problema.Hai uns anos o Concello de Oleiros tivo a ben dar un cd co PXOM a cada veciño pra que o puidera consultar na casa tranquilamente, semella unha idea digna de seres copiada.

Ningún comentario: