Escrito del Concello de Pontedeume pescado en el facebook el 1 de agosto de 2016: UN PASO ADIANTE PARA O SANEAMENTO DA PRAIA DE BER A Deputación da Coruña aprobou este venres unha subvención de 185.000 euros para o saneamento da praia de Ber e eliminar dunha vez os vertidos deste prezado areal do noso concello. Nas conversas mantidas entre Bernardo Fernández e Augas de Galicia se estimou que a solución para tratar a problemática do saneamento neste areal pasa por canalizar todo o saneamento da zona ata unha estación de bombeo, e así impulsar as augas sucias ata a depuradora municipal. A axuda da Deputación permitirá ao equipo de goberno acometer a primeira das dúas fases desta obra que ten un custo aproximado de 370.000 euros. Fernández continúa as negociacións co ente hidrolóxico autonómico para acadar os recursos e completar esta actuación que acabará cun problema que os veciños levan padecendo desde hai décadas. O alcalde comprometeuse durante o primeiro ano de goberno con levar adiante esta obra e agarda que sexa unha realidade durante o ano 2017. Bernardo Fernández agradeceu "profundamente o apoio da Deputación da Coruña e, particularmente, do presidente Valentín González Formoso, polo seu compromiso e apoio a Pontedeume, nun problema de moitos anos que afecta a veciños e turistas do noso concello".
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario