luns, 6 de agosto de 2007

Boa onda

Estou empeñado en dicirllo a toda a xente coa que falo do tema, a praia de Ber é unha pequena milagre, dende Bastiagueiro ata pasado o cabo Prior non atoparedes unha praia con ondas coas que poder disfrutar,onte falaba cun compañeiro surfero na auga que ven desde Miño e díxome que antes tamén en Chanteiro se podian coller boas ondas ata a construcción do dique do porto exterior de Ferrol. Son tantas as ameazas pra as praias con boas ondas (Caso Mundaka) que tampouco podo deixar de queixarme (que raro no?) de cousas que pasan nas nosas costas...

Xa non é o primeiro día que despois de botarme ó mar saio cos ollos especialmente irritados,seica esta é unha cousa que pode parecer normal , salvo polo feito de analizar a simple vista á espuma noxenta que ven arrastrada as nosas praias polos chamados "sentinazos" dos barcos que albiscamos cos seus perfís ameazantes na bocana da ría, vos poderedes imaxinar que algo desa merda tamen te tragas e tamen podemos intuir que no verán con centos de persoas na praia os barcos non esquecen facer as suas limpezas; eu estiven día e medio coma se tivese duas dioptrías máis,e o veneno que me traguei sabe dios o que fai polo organismo.

Parecenos unha cousa normal , de toda a vida, que aquí se falou de chapapote, de limpalo con gasolina, de ver a espuma amarillenta na orilla, pero non é normal! é un noxo tremendo, pero o peor é que o remedio semella difícil, debería haber unha onda que fora ó revés e volvera meter a merda nos barcos, sería unha boa onda.

4 comentarios:

Lumeboo dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Lumeboo dixo...

Hola, soy Luis, de Ferrol, me ha encantado ver este blog sobre Ber, yo he veraneado desde que tengo uso de razón en Miño y luego en Perbes, aprendí a hacer surf con unos amigos en la playa de Ber porque era la única que como bien decís suele tener olas de todas las de la zona y por eso le guardo a esta playa un cariño especial y sigo yendo a surfear sus olas aún de vez en cuando... pero con casi 20 años más.

Os dejo unas fotos para que se vea que en Ber no sólo a veces hay olas, sino que a veces incluso son buenas olas. Algunas son de hace ya bastantes años...

[IMG]http://img123.imageshack.us/img123/3914/199108002ebf6.jpg[/IMG]

[IMG]http://img123.imageshack.us/img123/7533/199208008ph5.jpg[/IMG]

[IMG]http://img123.imageshack.us/img123/9495/199408007blk6.jpg[/IMG]

[IMG]http://img123.imageshack.us/img123/6363/199408021jy8.jpg[/IMG]

[IMG]http://img123.imageshack.us/img123/7951/199408008btn5.jpg[/IMG]

Un saludo y enhorabuena por el blog.

Lumeboo dixo...

Bueno, parece que no soy capaz de insertar imágenes, tal vez no sea posible, os las intentaré hacer llegar de otro modo

Lumeboo dixo...

En este enlace podeis ver alguna de las fotos a las que hacía referencia

http://lumeboo.eresmas.com/otraficiones_1.html