
¿Hay alguien ahí?
Unha mágoa, non que tiren o hotel, nin que non funcione a terraza, unha mágoa ter que seguir aguantando cousas como o mobiliario do hotel espallado pola praia, ou cristais rotos a un paso do lugar onde os bañistas toman o sol, vos deixo as imaxes do resultado dunha noite de San Xoan que rematou nun saqueo do restaurante e cafetería do hotel.
A culpa é de todos, dos "S.A" (soziedad alkoholika e anónima) que firmaron os actos vandálicos, dos que manteñen así o hotel, dos que non o mandan limpar...non temos conciencia do privilexiado do enclave, sigamos polo camiño do colector, alonxámola ou a deixamos en rincóns, malo será que un día non nos podamos bañar.
Aquí vos deixo o enlace cas fotos recentes do estado da terraza e do hotel: http://www.twango.com/channel/JoseVeiga.marmolino
http://www.youtube.com/watch?v=6QLeKlc5z18
xoves, 2 de agosto de 2007
ABUR MAR MOLINO 2
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario