venres, 22 de xuño de 2007

ABUR


O Mar Molino vai morrer, se tes algunha historia do hotel non dubides en compartila cos demáis.As miñas lembranzas van desde festas de disfraces de carnaval que se facían no inverno,pasando por tardes de billar e bolsas de patacas fritas,ata noites de verán vendo o mar desde a cuberta da lavandería.
Lémbrome de mercar os xelados na terraza os días de praia e o incómodo que era o pavimento se ias descalzo, e o pesados que eramos os rapaces pedindo vasos de auga na barra porque daquela non parabamos quedos nin un segundo.
Agora xa podedes ver que o aspecto non é moi suxerente pero nalgún momento este local serviu pra facer ceas de todos os veciños de Ber onde se cantaba e bailaba,podemos dicir que cumpriu unha labor e merece ser recordado por aqueles anos e non os últimos nos que nin sequera pudimos disfrutar da terraza,abur Mar-Molino.

Ningún comentario: